15/08/11

XIV Encontro de Verán da Rede Ibérica de Ecoaldeas en as Corcerizas



Este verán, do 25 ao 30 de agosto, As Corcerizas acollerá o XIV Encontro de Verán da Rede Ibérica de Ecoaldeas.


Será un momento onde compartir experiencias e coñecementos que nos axuden a transformar de xeito creativo as nosas vidas e o noso entorno hacia novos modelos de convivencia que velen pola sostibilidade, a autoxestión e o respeto por minorías e maiorías.

Realizaránse un total de 28 obradoiros, charlas, experiencias e demais actividades coas que poder trazar a nosa propia ruta por este universo eco aldeano.
Ademais, haberá espazo para os momentos autoxestionados que xorden nestes encontros de verán: música, videoforum, obradoiros, bailes, etc…

Máis información: http://ascorcerizas.com/central/100129wp/index.php/2011/08/02/as-corcerizas-acolle-o-xiv-encontro-de-veran-da-rede-iberica-de-ecoaldeas/

12/08/11

Curso on-line de GREENPEACE sobre consumo responsable

¿Preocupache a crise ambiental e o agotamento dos recursos naturais? ¿Pensaches algunha vez nas túas ferramentas para REDUCIR o consumo? ¿Replaneaches o teu modo de vida e reflexionaches sobre as súas consecuencias para o medio ambiente?

Datas: do 19 de setembro ó 24 de outubro
Inscrición ata o 11 de setembro

II Mercado Ecolóxico pola defensa da terra en Quilmas

O mercado terá lugar o sábado día 13 de agosto e verase complementado cunha xornada de interese cultural con roteiros e actividades (charlas, debates, proxeccións e música) o 14 de agosto.

Máis información: http://adega.info/info/090121joomla/novas-adega-costa-da-morte/576-ii-mercado-ecoloxico-pola-defensa-da-terra-en-quilmas

Butaca Verde

Ciclo de Cine ambiental e solidario na Aula da Natureza de Cabo Udra. Todos os domingos ás 20:00h.

A NOSA COMPRA EN AGOSTO