23/02/11

Xanela

AMARANTE inicia o 12º Xanela Aberta ao Sur para achegar á cidadanía ás realidades dos países do Sur e do Norte
Ata o 24 de marzo poderán inscribirse todas aquelas persoas que desexan formarse en cooperación e visitar un proxecto en Brasil, Ecuador ou Marrocos.O obxectivo destas viaxes é poder compartir durante un mes a vida das persoas integrantes das organizacións e aprender de primeira man como se organizan e cales son as dificultades coas que se atopan.

O programa Xanela Aberta ao Sur ten como obxectivo principal sensibilizar á poboación galega sobre as causas da pobreza e os impactos das desigualdes entre o Sur e o Norte Global. Este será a 12ª edición do programa polo que xa levan pasado unhas 1000 persoas, das que visitaron países do Sur algo máis de 200.

Para máis información accede ao blog

Sem comentários:

Enviar um comentário