17/05/11

Zumo 100% ecolóxico

Parece un zumo de laranxa normal, pero non... non ten conservantes, colorantes, fungicidas, perticidas... É 100% ecolóxico e natural. Está feito cas nosas laranxas.
As nosas laranxas son de "A horta de Cadaval"
Un equipo de investigación da Escola Técnica Superior de Enxeñería Agrónoma (ETSIAMN) da Universidade de Valencia concluiu que as laranxas ecolóxicas presentan máis cantidade de vitamina C (un 10% máis) que as procedentes de agricultura convencional.
Unha laranxa convencional recibe 15 tratamentos ao ano, coa aplicación de 50 sustancias tóxicas no froito, tanto no campo como no proceso de almacenaxe,
As laranxas ecolóxicas reciben 0 tratamentos ao ano e a aplicación de 0 sustancias tóxicas.

Sem comentários:

Enviar um comentário