07/06/11

SOPA DE REMOLACHA

INGREDIENTES: Elaborada con produtos de Hortiña da ponte, Horta do Cadaval e Arqueixal:

3 remolachas medianas
1 cebola
2 dentes de allo
Caldo de verduras
Aceite
Tomillo e pementa
Iogurte natural ó gusto
  1. Sofreir nunha ola co aceite a cebola picada e o allo.
  2. Limpar mentres tanto a remolacha, quitándolle a tona e troceándoa. Cando a cebola estea tenra, engadir a remolacha e o caldo de verduras ata cubrir a remolacha. Cocer ata que a remolacha estea branda, engadir sal e tomillo. Engadir máis caldo se fose preciso.
  3. Unha vez cocida, sacar do lume e pasar pola batedora.
  4. Servir con iogurte natural ó gusto. 

Sem comentários:

Enviar um comentário