26/07/11

MADALENAS


Ingredientes:
1 ovo
125gr panela ou azucre morena
250gr fariña de trigo integral da Horta do Cadaval
250ml de leite ecolóxico Arqueixal
50ml de aceite
1culleradiña de canela de Milhulloa
1culleradiña de levadura química
100gr de chocolate negro Kaoka

Mixturar a fariña, azucre, canela, levadura e chocolate nun bol. A parte bater o ovo e engadir o leite e o aceite. Sen bater, só remexendo, mixturar o líquido co contido do bol. Dispoñelo en moldes individuais e cocer no forno a 170ºC durante 20 minutos... e a gozalas no almorzo!!!!

Sem comentários:

Publicar um comentário